martes, 6 de marzo de 2018

Obradoiros con novas científicas.

O mércores 28 de febreiro un grupo de novas científicas dos IES de Cedeira, Ortigueira e Cariño organizaron no colexio varios obradoiros , o noso alumnado tivo a oportunidade de programar robots, utilizar Scratch , construír circuítos eléctricos , facer experimentos no laboratorio, descubrir diferentes disciplinas científicas ou coñecer os proxectos que se desenvolven nos institutos do Ortegal.

Deseñamos tres itinerarios:
Itinerario 1: alumnado de E. Infantil
Itinerario 2: nenas e nenos de primeiro , segundo e terceiro de E. Primaria.
Itinerario 3: alumnado de cuarto, quinto e sexto.

O noso agradecemento a estas novas científicas e ás profes Bea (IES Cariño), Patricia (IES Ortigueira) e Puri (IES Cedeira) por organizar esta actividade.


Preme para ver máis imaxes na galería de fotos do colexio. 

Nas seguintes entradas do blog explicaremos cada obradoiro.

Itinerario 1: Educación Infantil

Os obradoiros para E. Infantil foron organizados polas científicas do IES de Cedeira xunto con dúas alumnas-científicas do colexio: Claudia e Sandra.

Baile de robots.

As nenas e nenos utilizaron robots de botoneira para superar os retos.

Piano Ranger.

Xogamos a compoñer música co robot mBot Ranger e o sensor de ultrasóns.

Toca-toca.

Para coñecer Scratch e o "makey-makey"

Enerxía.

Obradoiro sobre as fontes de enerxía, en especial as renovables.

Itinerario 2: primeiro, segundo e terceiro.

Nos obradoiro do segundo itinerario participaron as alumnas e alumnos dos primeiros cursos de E. Primaria. As novas científicas que organizaron os obradoiros foron as alumnas dos IES de Cariño e Cedeira.

Circuítos eléctricos.

Xogamos a construír circuítos eléctricos básicos con plastilina e cinta condutora.

Retos robóticos.

Programamos o robot mBot para superar os retos que propoñían as científicas.

Experimentos.

Fixemos  varios experimentos no laboratorio: vermes que se moven , fabricar xabón, etc

Científicas.

Coñeciamos varias ramas da ciencia a través dunha presentación e un xogo de preguntas.


Itinerario 3: cuarto, quinto e sexto.

Aos obradoiros do itinerario 3 asistiu o alumnado dos últimos cursos de E. Primaria. As organizadoras foron as novas científicas do IES de Ortigueira e as nosas alumnas-científicas Carme e Martina (de sexto).

Robótica con LEGO.

Coñecimos os robots de Lego e aprendimos a programalos.

Electricidade e electrónica.

Preparamos varios circuítos eléctricos para acender os LED ou facer soar unha alarma.


Retos de robótica co mBot Ranger.

Xogamos a programar o robot Ranger.

Proxectos científicos.

Presentación dos proxectos científicos nos que traballa o IES de Ortigueira. Quedamos abraiados polos drones e o submarino que recolle o lixo dos mar.

jueves, 1 de marzo de 2018

O traballo das científicas.

O martes 27 de febreiro recibimos a visita da científica Laura Posada que nos contou como traballa unha científica, falounos dos instrumentos do laboratorio e fixemos varias prácticas de química, por exemplo: cambiar a cor da auga , mesturar líquidos con diferentes densidades ou extraer a clorofila das plantas.

O noso agradecemento a esta gran comunicadora e científica que ilusionou ás nenas e nenos cos seus experimentos.


Se queres ver máis fotos podes visitar a galería de imaxes do colexio: Preme para visitar a galería de imaxes

miércoles, 28 de febrero de 2018

Que é "Eu son científica"?

"Eu son científica" é un proxecto con varios obxectivos:
  • Promocionar o interese pola ciencia e a tecnoloxía entre o alumnado. 
  • Visibilizar as aportacións das científicas ao desenvolvemento da humanidade. 
  • Motivar ao alumnado na investigación , procura e análise de información. 
  • Estimular entre as alumnas e alumnos a curiosidade por aprender. 
  • Concienciar ao alumnado da importacia da igualdade de oportunidades.


lunes, 26 de febrero de 2018

Benvida e benvido ao blog do proxecto "Eu son científica" do Colexio de Cariño.